Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CLUB FRANCÉS 4º ESO

Paroles, Jacques Prévert

Imaxe
O numeroso grupo do club de lectura de Francés de 4º da ESO, tras ler varios capítulos que xa mencionamos neste blogue de L’Africain de Le Clézio,  tivo ao longo do mes de xaneiro tres sesións de poesía seguindo a petición dun alumno de francés. A elección de poesía que fixeron foi a obra de Jacques Prévert por resultar máis accesible para os alumnos deste nivel. Na primeira sesión falouse dos distintos xéneros e sobre as preferencias de cada membro do club, convindo en que todos, profesora incluída, lera máis textos narrativos que poéticos, polo cal considerouse que ésta era unha boa oportunidade para explorar o sendeiro da poesía, até o de agora menos coñecido para todos, decatándonose de antemán de que é un xénero de maior dificultade e, sobre todo, se o reto se plantea nunha lingua estranxeira. Na segunda sesión realizouse unha lectura de poemas en galego e en castelán, seleccionados polos propios alumnos e alumnas. E por fin, na terceira sesión, léronse a v...

A NOSA PRIMEIRA REUNIÓN

Imaxe
No recreo do venres 24 de outubro, tivemos a primeira sesión de presentación do CLUBE DE LECTURA de 1º de ESO , de 2º ESO e de 4º ESO e  ben puntuais  todos e todas acudimos para presentar as primeiras lecturas, comprometernos a asistir, repartir os libros cos que contabamos e pactar os horarios e as condicións máis cómodas para participar activamente. Xa temos 34 alumnos interesados en participar e temos alumnos de case todos os cursos: contamos con 10 alumnos en 1º ESO, con 4 alumnos en 2º ESO e con 20 alumnos en 4º ESO e con algún de 1º Bacharelato. As obras que decidimos ler son as seguintes: Aprendiz de detective; Un robo muy costoso (Cucaña) de William Irish, Rubén Pellejero (Ilustrador) para o grupo de 1º ESO. Rebeldes . Susan E. Hinton para o grupo de 2º ESO. O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro para o grupo de 3º ESO. A banda deseñada Nela de Pulido, Rayco para o grupo de 4º ESO. ANÍMATE E PARTICIPA BOAS LECTURAS A TODOS!!!! ...