Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta RECENSIÓNS DOS ALUMNOS

Arantxa Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas

Imaxe
  En xeral gustounos o libro, houbo quen xa adiviñou o final desde a metade e houbo quen non e sorprendeuse.  En xeral os personaxes desta novela resultáronnos todos antipáticos, a ningunha das lectoras nos caeron ben, exceptuando a nena, a filla de Úrsula, que todas vemos coma unha vítima. Incluso a parella de investigadores non nos resultaron tan simpáticos desta vez coma no libro anterior ( Beleza vermella ). Tampouco nos pareceu que a súa relación estivese tan ben tratada.  En xeral, destacamos a falta de comunicación entre todos os personaxes, todas as relacións están marcadas por esa falta de comunicación propia da sociedade actual, que nos parece que se manifesta como moi pendente das redes sociais e dos medios de comunicación, pero con moi pouca comunicación real e eficaz entre as persoas. De aí que tivese máis poder un grupo de whatsapp do que calquera conversa entre as parellas que evitasen a deriva das dúas historias principais.  Gustounos de novo a forma ...

OS AVENTUREIROS... Na torre da princesa

Imaxe
  Lemos durante o primeiro trimestre unha historia d’ Os aventureiros de Isabel Ricardo. Pareceunos unha historia moi interesante que te transporta a un mundo do século XII, coa espada de D. Afonso Henriques como elemento central do misterio que descobren os aventureiros. Daniel, Bia, Cris, Tó Ju xunto co corvo João, acompañados por Miguel, pai de Bia e Cris, viven unha aventura en Bragança con moitos sobresaltos e algún perigo, pero finalmente conseguen que se prenda os ladróns. Hai partes que son lentas, sobre todo nos primeiros capítulos mentres fan a viaxe ata Bragança, pois van parando en sitios e explicando a historia deles, pero é un libro recomendable se che gustan as historias de aventuras protagonizadas por adolescentes. Mantén a intriga de quen serán os ladróns ata o final e tamén de como se vai resolver todo o caso. Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González  

A PRIMEIRA RECENSIÓN DOS NOSOS ALUMNOS

Xa temos a primeira recensión do club feita por un alumno de 1º ESO. A continuación, o que nos contou Martín Alonso de 1º ESO A: No noso centro temos un club de lectura no que participan alumnos/as de todos os cursos aos que lles gusta ler. Os membros do club reunímonos unha vez ao mes e falamos sobre os libros que limos e damos a nosa opinión. Á parte  diso,  eliximos un libro para ler todos e comentalo na reunión seguinte. Nas primeiras reunións tamén merendamos algunha lambonada. Ademais das reunións, facemos outras actividades, como a saída que fixemos ao CEIP de Ventín para inaugurar a súa biblioteca. Neste primeiro trimestre limos dous relatos de misterio. Titúlanse “Aprendiz de detective” e “Un atraco moi costoso”. En “Aprendiz de detective” un neno fai unha amiga á que un home descoñecido lle dá  caramelos todos os días. A nena desaparece e catro anos máis tarde volve pasar o mesmo. O libro é entretido, xa que che deixa coa intriga atá o final.

A TÚA RESEÑA

Imaxe
ANÍMATE A PUBLICAR A TÚA PROPIA RECENSIÓN LITERARIA