A PRIMEIRA RECENSIÓN DOS NOSOS ALUMNOS

Xa temos a primeira recensión do club feita por un alumno de 1º ESO. A continuación, o que nos contou Martín Alonso de 1º ESO A:

No noso centro temos un club de lectura no que participan alumnos/as de todos os cursos aos que lles gusta ler.

Os membros do club reunímonos unha vez ao mes e falamos sobre os libros que limos e damos a nosa opinión. Á parte  diso,  eliximos un libro para ler todos e comentalo na reunión seguinte. Nas primeiras reunións tamén merendamos algunha lambonada.
Ademais das reunións, facemos outras actividades, como a saída que fixemos ao CEIP de Ventín para inaugurar a súa biblioteca.

Neste primeiro trimestre limos dous relatos de misterio. Titúlanse “Aprendiz de detective” e “Un atraco moi costoso”. En “Aprendiz de detective” un neno fai unha amiga á que un home descoñecido lle dá  caramelos todos os días. A nena desaparece e catro anos máis tarde volve pasar o mesmo. O libro é entretido, xa que che deixa coa intriga atá o final.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás