Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CLUB DE CIENCIAS

Abano de lecturas

Imaxe
  Nesta pasada segunda avaliación e no comenzo desta terceira, os clubs de lectura estivemos ocupados con algunhas lecturas ben interesantes, que nos gustaría compartir con vós.   O club de lectura científica decidiuse pola banda deseñada despois de probar coa ciencia ficción. Estivemos a ler a vida das primatólogas Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas en “Primates”, de Jim Ottaviani e Maris Wicks, e pasamos ás aventuras de Spirulina en “Microalgas”, de Xulia Pisón. Estamos a comezar agora coa divulgación científica con “La química de lo bello”, de Déborah García Bello.   O club de lectura de 1º da ESO pasou dos relatos de terror á banda deseñada e xa imos coa terceira parte da serie de “Microalgas” de Xulia Pisón. Esperamos a visita da autora para falarnos da súa obra e realizar un obradoiro de debuxo para o mes de maio.   O club de lectura de portugués tamén se decidiu pola banda deseñada cunha adaptación do romance de José Saramago “A vi...

Clubs de lectura neste curso 23-24

Imaxe
Xa están funcionando os clubs de lectura deste curso con escollas ben interesantes! O club de 1º da ESO comezou con lecturas de medo nos recreos, o de segundo ciclo da ESO escolleu “Flores de ferro” de María Rei Vilas, o club de portugués está a ler “Benvidos ao Sul”, de Marianne Kaurin, no club de ciencia decidímonos por “Un feliz mundo novo”, de Aldous Huxley, e o club de profesores e profesoras estamos a ler “Faneca brava”, de Manuel Portas.  

Reunións do Club de Ciencias

Imaxe
No final do 1º trimestre formouse un novo club de lectura de temática científica coa colaboración do Equipo de biblioteca e do Departamento de ciencias. Realizáronse varias reunións durante os meses de xaneiro e febreiro. Día internacional da muller e da nena na ciencia Durante a semana do 10 ao 15 de febreiro levamos a cabo na biblioteca algunas actividades para conmemorar esta data. Comezamos cunha exposición de lecturas que teñen como protagonistas as mulleres científicas, biografías, ensaios, etc. Reuniuse tamén o club científico para falar dos últimos libros lidos e doutros por ler, como Neurociencia para Julia, Mi familia y otros animales, Física cuántica con un gato zombi, El manual del investigador científico, O futuro roubado, Bichos y demás parientes, Endogamia 0.2, Todo es cuestión de química, Terra , etc.