Abano de lecturas




 

Nesta pasada segunda avaliación e no comenzo desta terceira, os clubs de lectura estivemos ocupados con algunhas lecturas ben interesantes, que nos gustaría compartir con vós.
 
O club de lectura científica decidiuse pola banda deseñada despois de probar coa ciencia ficción. Estivemos a ler a vida das primatólogas Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas en “Primates”, de Jim Ottaviani e Maris Wicks, e pasamos ás aventuras de Spirulina en “Microalgas”, de Xulia Pisón. Estamos a comezar agora coa divulgación científica con “La química de lo bello”, de Déborah García Bello.
 
O club de lectura de 1º da ESO pasou dos relatos de terror á banda deseñada e xa imos coa terceira parte da serie de “Microalgas” de Xulia Pisón. Esperamos a visita da autora para falarnos da súa obra e realizar un obradoiro de debuxo para o mes de maio.
 
O club de lectura de portugués tamén se decidiu pola banda deseñada cunha adaptación do romance de José Saramago “A viagem do elefante”. E agora van comezar con “Os aventureiros. O mistério da Arrábida”, de Isabel Ricando.
 
No club de lectura de segundo ciclo da ESO decidíronse por “Ollos de auga”, de Domingo Villar.
 
No club de lectura de adultos estivemos a ler “Horda”, de Ricardo Menéndez Salmón, e “O libro azul de Nebo”, de Manon Steffan Ros, historias moi diferentes en escenarios futuros distópicos. Estamos pensando agora na seguinte escolla, xa vos contaremos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás