Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES DO CLUBE

Mural a partir da lectura

Imaxe
 O Club de 3º ESO Fondo da biblio elaborou un mural no que conecta a obra lida, Ruído , de Miguel Anxo Murado, coa realidade que vivimos e con outras propostas de lectura.

LECTURAS COMPARTIDAS NO CEP DE VENTÍN

O mércores 11 de maio o alumnado dos nosos clubs de 1º e 2º ESO compartiu lecturas e lembrou as súas vivenvias no CEP de Ventín:  CLUB DE LECTURA 1º ESO A Fragmentos de "nata y chocolate", de Alicia Borrás. "Crónicas de Narnia: el león, la bruja y el armario" Fragmentos de "viaje fantástico por las Islas Canarias" "O raio veloz" "Escarlatina. A cociñeira de Funta" Pequena dramatización dunha obra de teatro: "la sala" PROFESOR RESPONSABLE: FÉLIX SÁNCHEZ CLUB DE LECTURA 1º ESO C ·          “Orellas de bolboreta” EDITORIAL KALANDRAKA ·          “Grazas” EDITORIAL KALANDRAKA ·          “O gato lambón” EDITORIAL KALANDRAKA PROFESOR RESPONSABLE: ESTER GONZÁLEZ CLUB DE LECTURA 2º ESO Gabriel Celaya “Invocación” “A ciegas el ritmo” “Sé y no sé” “Basta cantar” Manuel María “O grilo”   Un canto á Natureza...

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE CLUBS DE LECTURA PARA O CURSO 2015_2016

Imaxe
Para celebrar un ano de lecturas, nada mellor que recibir unha boa nova coma a que se publica na Resolución da convocatoria dos clubs de lectura no portal educativo. Estamos moi ledos coa nova asignación que nos acaban de conceder porque reflicte tanto o proxecto presentado este curso como o traballo realizado o curso pasado por moitos profesores e alumnos do noso centro, algúns dos cales xa non están con nós este curso. Parabéns a todos e todas e a seguir disfrutando coas boas lecturas!!!

INICIAMOS A NOSA ANDAINA

ANÍMATE A LER  E PARTICIPA NO CLUBE DE LECTURA DO TEU CENTRO Queremos ter en conta as túas preferencias temáticas... Gústache a literatura xuvenil ?... ou prefires as novelas de   aventuras , os cómics ou os libros de viaxes? TAMÉN caberán nos nosos encontros as novelas de  intriga ou  terror.. Reunirémonos unha vez ao mes nun espazo da túa biblioteca ou nunha aula pequena na que poidamos dinamizar o noso encontro ou con música axeitada á lectura ou con imaxes relacionadas coa lectura proxectadas nun canón.  Tamén teremos en conta as vosas preferencias audiovisuais e poderemos ver unha película para logo comentarela...