Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 17, 2016

Arrancan os clubs de lectura

Imaxe
Gústate ler? Queres gozar dun momento distendido e agradable onde se conversa en torno a un libro? Achégate aos Clubs de Lectura e comparte o pracer da lectura . Os clubs de lectura fomentan o hábito de lectura tanto nos adolescentes amantes da literatura como naqueles que teñen menos ganas de ler.  No curso 2016-17, o IES do Milladorio participa novamente na convocatoria da Dirección Xeral de Centros e de Recursos Humanos que incentiva o funcionamento de clubs de lectura. Contamos con varias profesoras e varios estudantes que dinamizarán os clubs. Aínda que se prima a utilización do galego, os diferentes clubs escolleron lecturas en diferentes linguas. Tamén queremos promover o uso das novas tecnoloxías e por iso disporemos dun blog no que contaremos as novas dos clubs e que te animamos a visitar: http://leomilladoiro.blogspot.com.es .  Entre as actividades a realizar polos Clubs cabe destacar:  Unha visita á Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela na qu