Iniciamos o club do profesorado. Del color de la leche. Nell Leyshon

Del color de la leche, de
Nell Leyshon, é unha novela curta que concentra a súa narración nun pequeno
universo, unha comunidade rural da
Inglaterra de 1831, e nunha protagonista cuxa existencia cambia radicalmente cando
aprende a escribir.
A autora achéganos a unha historia
conmovedora, contada en primeira persoa coa linguaxe rudimentaria dunha rapaza que
está aprendendo a ler e escribir. Sorprende a naturalidade e
a honestidade coa que a súa protagonista, unha campesina de quince anos, se enfronta á brutalidade
que a rodea.
Comentarios
Publicar un comentario