Instrucións para tomar café e Laura no deserto - Clube do profesorado

Instrucións para tomar café
O pasado decembro
convocamos o clube de profes, que iniciou a súa andaina cun ameno libro de Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café (Galaxia, 2014).
Trátase dunha serie
de reflexións, que no seu conxunto poderiamos subtitular coma “Usos e costumes
dos galegos”. Cunha grande agudeza e humor galaico, o autor, bo coñecedor do
noso comportamento en sociedade (cando nos invitan, cando falamos do tempo,
cando nos falan das marabillas do noso país, etc.), reflicte, por medio de agudos
diálogos, situacións coas que nos sentiremos identificados.
Laura no deserto
Prosiguen as reunións
do clube de profes, esta vez cunha novela de Antón Riveiro Coello: Laura no deserto (Galaxia, 2011).
Nesta
ocasión, eliximos unha obra complexa con distintas perspectivas; espazos tan
diferentes como Barcelona, New York, un campo de concentración nazi ou o
Caramiñal; personaxes que coinciden en momentos intensos da nosa historia
recente e vivencias persoais e colectivas cheas de interese.
Comentarios
Publicar un comentario