Publicacións

Lectura de Contos de soños e sombras e encontro co seu autor, César Ariza Piñeiro - Club de 4ºESO

Imaxe
Con Contos de soños e sombras do escritor César Ariza Piñeiro, editado por Urco Editora , iniciamos este ano o club de lectura de 4º de ESO. Neste libro, moi ameno e de lectura áxil, puidemos gozar con relatos inquietantes que xiran arredor dos soños e das obsesións; relatos de almas feridas que volven do alén para vingarse ou para levarnos con elas; historias metafóricas sobre a represión exercida polo poder ou un coidado relato sobre a transmutación das almas. Algúns con final pechado, outros con finais abertos que nos presentan dilemas morais e algún con final sorprendente como é o caso dun dos nosos relatos favoritos do libro: A rapaza do meu soño. O 17 de xaneiro analizamos algúns dos relatos do libro na primeira xuntanza do club e o 27 visitounos o escritor. César Ariza tivo a amabilidade de compartir con nós a súa experiencia como creador de historias e como guionista, pois adaptou algúns dos seus relatos a guión cinematográfico de curtas ou longametraxes. Respondeu ...

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA CLUBS DE LECTURA [CURSO 2016/2017]

Resolución da convocatoria para incentivar o funcionamento  dos clubs de lectura curso 2016/2017

GUÍA DE NADAL 2016

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta / Clube de lectura 2ºESO

Imaxe
A autora viguesa, Ledicia Costas tece unha historia que se desenvolve no Vigo moderno e cosmopolita de finais do século XIX, durante a segunda visita que o escritor Jules Verne fai a cidade. Que razóns levaron ao escritor francés a voltar ao lugar onde se desenvolvía a historia de “Vinte mil leguas de viaxe submariño”?   A narradora vai desvelarnos o verdadeiro   motivo desta misteriosa visita. Animádevos a pasear por Vigo, a sentir o “aroma salgado do Atlántico”, acompañados de Jules Verne, de Violeta e do seu amigo, o grumete Pierre, para tentar descubrir un segredo de familia, que se transmite de xeración en xeración. Descubriremos que “o verdadeiramente fantástico e inverosímil é a vida en si, a maravillosa aventura de vivir”.

A neve interminable. Club de lectura 3ºESO

Imaxe
“Que sentido ten escribir estas liñas? Nin sequera sei se haberá alguén que as lea no futuro. Por non saber, mesmo ignoro se veremos un futuro. Mais en algo teño que ocupar as inacabables horas do día para non deixarme arrastrar pola desesperación ou polo medo”. Coa lectura destas palabras internámonos co club de 3ºESO   na obra de Agustín Fernández Paz “A neve interminable”, un relato,   trufado á súa vez de breves e variados relatos, nos que a   inquedanza e o sobrenatural conviven con cinco personaxes incomunicados nun recóndito hostal da Fonsagrada por mor dunha desacougante e interminable nevarada. A intriga, a   incerteza e o inexplicable son só algúns dos ingredientes desta suxestiva e invernal narración. Só nos queda mergullarnos nela cada xoves no 2º recreo. Animádevos a continuar coa súa lectura e a participar na súa posta en común.   Esther

Rebeldes / Club de Lectura de 1ºESO C

Imaxe
Publicada en 1967 por una chica de solo 17 años,  S.H. Hinton ,  Rebeldes   es ya un clásico de la literatura juvenil. Son numerosos los autores que la han imitado y, además, ha ejercido gran influencia en obras de temáticas parecidas. Aunque la novela resulta un tanto convencional en su argumento, tiene grandes virtudes: unos personajes muy creíbles, un emotivo canto a la amistad y una estructura circular sorprendente y correcta.       La novela fue  llevada al cine  en 1982 por Francis Ford Coppola, quien también llevaría a la pantalla la siguiente obra de esta autora,  La ley de la calle .   Esta novela también tuvo mucho éxito. En la biblioteca hay ejemplares a vuestra disposición.         A mí  Rebeldes  me parece una lectura muy fácil y entretenida, en la que se suceden muchos acontecimientos inesperados. ¿Qué opináis vosotros? Marta Gende

Arrancan os clubs de lectura

Imaxe
Gústate ler? Queres gozar dun momento distendido e agradable onde se conversa en torno a un libro? Achégate aos Clubs de Lectura e comparte o pracer da lectura . Os clubs de lectura fomentan o hábito de lectura tanto nos adolescentes amantes da literatura como naqueles que teñen menos ganas de ler.  No curso 2016-17, o IES do Milladorio participa novamente na convocatoria da Dirección Xeral de Centros e de Recursos Humanos que incentiva o funcionamento de clubs de lectura. Contamos con varias profesoras e varios estudantes que dinamizarán os clubs. Aínda que se prima a utilización do galego, os diferentes clubs escolleron lecturas en diferentes linguas. Tamén queremos promover o uso das novas tecnoloxías e por iso disporemos dun blog no que contaremos as novas dos clubs e que te animamos a visitar: http://leomilladoiro.blogspot.com.es .  Entre as actividades a realizar polos Clubs cabe destacar:  Unha visita á Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Co...