Este club, dinamizado pola
profesora de Lingua e Literatura Española, Dna. Cristalina Rodríguez reunese con certa periodicidade e nestes momentos leen "La Ternura"
Hoxe o club de lectura de 1º da ESO, xunto coa rapazada da radio de Dinamización Lingüística, visitamos o alumnado de 5º de primaria do cole de Ventín para ler con eles e elas as historias de banda deseñada de Microalgas. Foi unha xornada divertida e tivemos tempo de saudar a profes e amigos/as do noso antigo colexio.
O Club de 3º ESO Fondo da biblio elaborou un mural no que conecta a obra lida, Ruído , de Miguel Anxo Murado, coa realidade que vivimos e con outras propostas de lectura.
Os clubs de lectura despedimos este curso cunha saída por Santiago de Compostela. Visitamos as exposicións "Da semente á árbore", "Outras historias posibles" e "Tesouros reais" na Cidade da Cultura e camiñamos ata o casco vello da cidade facendo un tramo da ruta do Sar. Paseamos por rúas e prazas e entramos nalgunhas librarías da zona. Rematamos a xornada na biblioteca Ánxel Casal tomando nota dalgúns títulos para posibles lecturas de verán.
Comentarios
Publicar un comentario