Contos Nerviosos

Contos nerviosos non deixou indiferente a ninguén. Fran Alonso conseguiu transmitir con moito acerto ese sentimento que xorde cando unha situación nos saca de quicio e non está nas nosas mans, ou cando o mundo se nos volve do revés e nos cambian as regras do xogo.
Grazas a esta lectura puidemos falar de nós, dos nosos irmáns, de como eramos cando eramos máis cativos e cativas e de como imos madurando e despedíndonos daquilo ao que lle tiñamos apego. Tamén de como cambia a nosa maneira de relacionarnos cos demais, do egoísmo, do que sentimos cando nos cargan nas mochilas os problemas que non entendemos e que nos veñen dados...
Este feixe de relatos conectados fixéronnos ter que parar a pensar e, sobre todo, fixéronnos contar a nós...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás