Soy una adolescente...nadie es perfecto de María Menéndez Ponte - Clube de lectura 1ºESO C
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
O clube de lectura de 1º da ESO C adéntrase nas páxinas de Soy
una adolescente... nadie es perfecto. Esta obra de María Menéndez Ponte presenta moitos dos problemas típicos da adolescencia e os conflictos que istos
xeran. Faino con humor e moito sentido común. Gran parte do seu atractivo
radica na orixinalidade da súa estructura. Os capítulos, moi breves, están
divididos en tres partes: na primeira, imitando o WhatsApp, unha adolescente
plantexa o seu problema. Na segunda, “Mejor con brújula”, temos a resposta da
autora, que parte da súa experiencia como nai e profesora. Na terceira, “Mujeres en la
brecha”, amosa un exemplo positivo coa biografía dunha muller relacionada co
tema tratado.
O libro conta coas ilustracións de
Luisa Vera e ten apoio visual cos vídeos que a autora colga no canal de YouTubeSoy una adolescente, que está adicado ao libro.
Ás rapazas de 1º ESO gustoulles moito. Lérono moi rápido e achárono moi interesante, con cuestións que as afectaban ou podían afectar nun futuro.
Hoxe o club de lectura de 1º da ESO, xunto coa rapazada da radio de Dinamización Lingüística, visitamos o alumnado de 5º de primaria do cole de Ventín para ler con eles e elas as historias de banda deseñada de Microalgas. Foi unha xornada divertida e tivemos tempo de saudar a profes e amigos/as do noso antigo colexio.
O Club de 3º ESO Fondo da biblio elaborou un mural no que conecta a obra lida, Ruído , de Miguel Anxo Murado, coa realidade que vivimos e con outras propostas de lectura.
Os clubs de lectura despedimos este curso cunha saída por Santiago de Compostela. Visitamos as exposicións "Da semente á árbore", "Outras historias posibles" e "Tesouros reais" na Cidade da Cultura e camiñamos ata o casco vello da cidade facendo un tramo da ruta do Sar. Paseamos por rúas e prazas e entramos nalgunhas librarías da zona. Rematamos a xornada na biblioteca Ánxel Casal tomando nota dalgúns títulos para posibles lecturas de verán.
Comentarios
Publicar un comentario