CARTAS DE INVERNO Banda Deseñada
A LECTURA CON “CATRO OLLOS”

E non só iso, pois descubrimos
que o cómic abre todo un novo universo de sensacións e que resulta necesario
miralo e remiralo, con catro ollos ou máis! Aprendemos algo da súa linguaxe:
por exemplo, que a lembranza de cousas pasadas se plasma nos tons ocre das
viñetas; que as imaxes terroríficas do gravado da nena misteriosa só poden ser
en branco e negro; e que a casa enmeigada co seu gran torreón aínda pode ser
máis tenebrosa cun ceo de fondo ateigado de nubes de tormenta que evocan forzas
sobrenaturais vidas do alén dos tempos para levar os protagonistas a un tráxico
desenlace… Vaia, que descubrimos o valor da imaxe, a súa forza.
Sorprendéronnos, tamén, os
rostros: como é posible plasmar en cada expresión tanta angustia e sufrimento?
Catro pinceladas para sentirmos o pánico, o horror, o inferno vital dos
protagonistas. Nin Tareixa, nin Xabier, nin Adrián, nin tan sequera a nena do
gravado se parecían ao que cada un de nós imaxinara, mais pouco a pouco
conseguiron apropiarse das nosas mentes. Seguímolos, con nerviosismo, cara ao
destino que xa coñeciamos… E o noso desacougo, ese que nos deixara a novela,
non atopou solución no cómic, senón que se multiplicou por mil!
En definitiva, unha lectura moi
recomendable. Velaquí tedes algúns dos lectores-protagonistas que asumiron o
reto de autorretratarse nunha viñeta amosando toda a tensión vivida mentres
leron Cartas de inverno. Tarefa ben
complicada lles resultou. Ao final vai ser certo iso de que o cómic non é, en
absoluto, un xénero menor…
Comentarios
Publicar un comentario