RESISTENCIA, Rosa Aneiros

Anunciámosvos a nova lectura do noso clube, que sen dúbida responderá ás expectativas dos que nos pediron unha boa novela de amor, e neste caso tamén de resistencia, para a nosa nova reunión. Trátase da obra “Resistencia da autora galega Rosa Aneiros, novela publicada no 2002 e que recibiu, entre outros, o premio Arzebispo San Clemente no 2003.  Velaquí un pequeno fragmento do fermoso comezo desta obra:
Aquel día do verán de 1994 Dinís estaba sentado no alto dun cantil de San Pedro de Moel, como tantas outras tardes. Tiña a cana de pescar estendida cara ó mar e o amocelo rebrincaba por entre as ondas atlánticas nun xogo de seducción mortal.”







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade do club de 1º ESO no colexio de Ventín

Saída dos clubs de lectura e club de ciencias