Publicacións

O CLUB DE 3º ESO TAMÉN LE NA NEVE!

Imaxe
A neve interminable Agustín Fernández Paz

LECTURAS CON HISTORIA: CLUB DE 1º ESO

Club de lectura de 2º de ESO: Asterix en Bretaña

Imaxe
Asterix en Bretaña/Astérix chez les Bretons/ Asterix in Britain Guionista: Goscinny    Debuxante : Uderzo Trátase do 8º album da Banda deseñada Asterix, da totalidade dos 36  con que conta a colección, se contamos os dous últimos a cargo do guionista Jean-Yves Ferri e do debuxante Didier Conrad: Astérix chez les Pictes e Astérix et le papirus du César. A pesar do título non se trata dunha aventura desenvolvida na Bretaña francesa, sino en Gran Bretaña, entre los ingleses. Deste xeito poderemos observar  referencias a cultura inglesa con moitos guiños a actualidade, que, de momento, non desvelamos porque serán os lectores do clube quen as irán descubrindo. Así que atención e a coller a lupa de prestidixitador para comentar, despois,  estas referencias culturais (gastronomía, música…) Observade tamén a curiosa forma de falar dos “Británicos”. A través desta banda deseñada e doutras como: Astérix chez les Belges, Astérix en Hispanie, Astérix...

O CLUB DE LECTURA DE 1º e 2º ESO ACHÉGASE Á ÁNXEL CASAL

Imaxe
O mércores 20 de xaneiro  os  alumnos do Club de Lectura de 1º e 2º ESO formaron parte dunha visita guiada pola Biblioteca Pública Ánxel Casal e achegáronse á Cidade da Cultura para participar nunha visita arquitectónica e nun obradoiro de fotografía.

Xesus Constela: "Cando escoito algo sorprendente, xa comezo a fabular"

Imaxe
O autor Xesús Constela, na xuntanza co alumnado do club de 1º de Bacharelato, deunos a súa visión dos relatos que integran "As humanas proporcións", contounos que elementos da realidade cotiá o inspiran e revelounos tamén os curiosos métodos de documentación que lle axudan a construír as súas narracións.  "O sorprendente poboa as miñas narracións, e gústame sorprender coas miñas historias...", e nós quedamos sorprendidos, sobre todo, pola súa naturalidade e pola sinxeleza coa que nos falaba duns relatos nos que a complexidade e as proporcións humanas son tratadas dun xeito tan imaxinativo e rico. A arte, as súas viaxes e vivencias, a súa vida cotiá como escritor, os xérmolos e as inquedanzas que xa lle inspiran futuros libros e ata o contido da súa próxima novela, xa a piques de se publicar, tamén encheron a súa conversa co grupo do club. Agradecidos  pola túa visita!

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE CLUBS DE LECTURA PARA O CURSO 2015_2016

Imaxe
Para celebrar un ano de lecturas, nada mellor que recibir unha boa nova coma a que se publica na Resolución da convocatoria dos clubs de lectura no portal educativo. Estamos moi ledos coa nova asignación que nos acaban de conceder porque reflicte tanto o proxecto presentado este curso como o traballo realizado o curso pasado por moitos profesores e alumnos do noso centro, algúns dos cales xa non están con nós este curso. Parabéns a todos e todas e a seguir disfrutando coas boas lecturas!!!

1º ENCONTRO COAS "HUMANAS PROPORCIÓNS"

O venres 13 de novembro tivo lugar o primeiro encontro dos alumnos do club de lectura de 1º bacharelato para falar sobre a lectura deste trimestre "As humanas proporcións" de Xesús Constela Doce.  Os relatos dos que falamos nesta ocasión foron  LILY ,  GEOGRAPHOS e  ALGARISMOS.  Estas son algunhas das reflexións que xurdiron durante a conversa na que todos os alumnos deron os seus puntos de vista: LILY Crítica das actitudes superficiais e frívolas dun grupo de "amigos" reunidos nun suntuoso banquete, das súas mostras de vaidade e indiferenza ante morte allea, aínda que suceda ao seu mesmo carón. Impactante relato que crea unha profunda imaxe metafórica que é lamentablemente extrapolable á actual vida cotiá  na que tamén convivimos coa morte allea sen case inmutarnos. Reflexiona sobre a frialdade e a falla de escrúpulos; os personaxes poden estar describindo as escenas máis pavorosas mentres cean con calma e xactancia. GEOGRAPHOS  Rel...