Publicacións
AVELAÍÑAS TEATRO NO CLUB DE LECTURA DE 2º e 3º ESO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O martes 14 de abril a aula de teatro AVELAÍÑAS TEATRO do IES Antón Losada de A Estrada representou no noso centro a obra de teatro escolar GORENTOSADAS á que acudiron alumnos de 2º e 3º ESO dos clubs de lectura. Representaron unha obra coral coa que nos fixeron reflexionar sobre temas e valores como a CULTURA DA PAZ, O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE, A SOLIDARIEDADE, a integración das persoas con necesidades educativas específicas, a violencia, o poder dos medios de comunicación, os contidos da publicidade e o papel da muller na sociedade actual. Aquí temos unha pequena mostra da súa actuación:
Paroles, Jacques Prévert
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O numeroso grupo do club de lectura de Francés de 4º da ESO, tras ler varios capítulos que xa mencionamos neste blogue de L’Africain de Le Clézio, tivo ao longo do mes de xaneiro tres sesións de poesía seguindo a petición dun alumno de francés. A elección de poesía que fixeron foi a obra de Jacques Prévert por resultar máis accesible para os alumnos deste nivel. Na primeira sesión falouse dos distintos xéneros e sobre as preferencias de cada membro do club, convindo en que todos, profesora incluída, lera máis textos narrativos que poéticos, polo cal considerouse que ésta era unha boa oportunidade para explorar o sendeiro da poesía, até o de agora menos coñecido para todos, decatándonose de antemán de que é un xénero de maior dificultade e, sobre todo, se o reto se plantea nunha lingua estranxeira. Na segunda sesión realizouse unha lectura de poemas en galego e en castelán, seleccionados polos propios alumnos e alumnas. E por fin, na terceira sesión, léronse a v...
ENDEREZO DESCOÑECIDO, A NOVA LECTURA DE 4º ESO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións